Recursos para a aprendizaxe da lingua galega

Ditongo, tritongo ou hiato

Isto como é que era?

A explicación rápida 👇

Tritongo = 3 vogais seguidas nunha mesma sílaba Ex.: Pa-ra-guai

Ditongo = 2 vogais seguidas nunha mesma sílaba Ex.: pei - to

Hiato = 2 vogais seguidas en dúas sílabas distintas Ex.: rú - a

Con todo, é mellor reveres os post Ditongos e hiatos e Tritongos, antes de faceres o exercicio.

Exercicio

Separa as palabras en sílabas. Despois, clasifica en ditongo, hiato ou tritongo os encontros vocálicos que houber:

  1. cousa: cou-sa ditongo
  2. xoieiro: xo-iei-ro tritongo
  3. estación: es-ta-ción ditongo
  4. maneira: ma-nei-ra ditongo
  5. saída: sa-í-da hiato
  6. sociais: so-ciais tritongo
  7. perdoar: per-do-ar hiato
  8. pouco: pou-co ditongo
  9. partiu: par-tiu ditongo
  10. dieta: die-ta ditongo
  11. nuclear: nu-cle-ar hiato

Verifica as respostas