Recursos para a aprendizaxe da lingua galega

Ditongos e hiatos

Como os recoñezo?

Ditongo

Dúas vogais que van seguidas forman un ditongo cando as pronunciamos na mesma sílaba. Exemplos: nai, pei-xe, can-cn

Tipos de ditongos

Hiato

Dúas vogais que van seguidas forman un hiato cando as pronunciamos en sílabas diferentes. Exs.: a-re-a, en-xa-bo-ar, po-e-ma

Tipos de hiatos

Repara

iu e ui son ditongos se o primeiro é o elemento tónico. Ex.: puido

e son hiatos se o segundo elemento é tónico. Neste caso indícase cun acento gráfico. Ex.: rdo


Exercicio 1

Localiza nas seguintes palabras os ditongos e os hiatos que houber. Xustifica a túa resposta.

Ex.: au-ga: Ditongo au porque as dúas vogais se pronuncian na mesma sílaba. É decrecente porque a primeira vogal é aberta e a segunda é fechada.

  1. lingua:
  2. traer:
  3. gaita:
  4. pelexa:
  5. fiestra:
  6. coidado:
  7. moeda:
  8. táboa:
  9. fuxiu:
  10. quieto:
Verifica as respostas
  1. lin-gua: Ditongo ua porque as dúas vogais se pronuncian na mesma sílaba. É crecente porque a primeira vogal é fechada e a segunda é aberta.
  2. tra-er: Hiato ae porque as dúas vogais se pronuncian en sílabas distintas. As dúas vogais son abertas.
  3. gai-ta: Ditongo ai porque as dúas vogais se pronuncian na mesma sílaba. É decrecente porque a primeira vogal é aberta e segunda é fechada.
  4. pe-le-xa: Non hai ningún encontro vocálico, por tanto, non pode haber nin ditongo nin hiato.
  5. fies-tra: Ditongo ie porque as dúas vogais se pronuncian na mesma sílaba. É crecente porque a primeira vogal é fechada e a segunda é aberta (un e semiaberto).
  6. coi-da-do: Ditongo oi porque as dúas vogais se pronuncian na mesma sílaba. É decrecente porque a primeira vogal é máis aberta que a segunda.
  7. mo-e-da: Hiato oe porque as dúas vogais se pronuncian en sílabas distintas. As dúas vogais son abertas.
  8. tá-bo-a: Hiato ao porque as dúas vogais se pronuncian en sílabas distintas. As dúas vogais son abertas.
  9. fu-xiu: Ditongo iu porque as dúas vogais se pronuncian na mesma sílaba. É homoxéneo porque as dúas vogais son fechadas.
  10. quie-to: Ditongo ie porque as dúas vogais se pronuncian na mesma sílaba. É crecente porque a primeira vogal é fechada e a segunda é aberta (un e semiaberto).