Recursos de galego para secundaria

Xogos e curiosidades (1)

Cousiñas para pasarmos mellor este tempo na casa.

Proxecta

Hai uns días, descubrín esta ferramenta para proxectar mensaxes nas paredes de edificios que fixo Berto Yáñez, un desenvolvedor web galego. Que idea tan boa! Non me puiden resistir, velaquí a miña mensaxe:

Animádevos a proxectar as vosas. E moi fácil! E moita atención ás faltas de ortografía, por favor, que se van ver moito 😅

Eis a ligazón a Proxecta: https://proxecta.netlify.com/

E deixo tamén a ligazón a un corrector online: Ortogal

Copiade o voso texto na caixa e comprobade que non ten erros ortográficos antes de o proxectardes para toda a veciñanza, de acordo?