Verbos tipo investir
Trátase dun grupo de verbos que teñen e como vogal final do lexema no infinitivo (invest-ir). Estes verbos trocan o e por i nas formas do presente do indicativo e imperativo en que a raíz é tónica e, tamén, en todo o presente do subxuntivo:
Presente do indicativo:
- invisto
- invistes
- inviste
- investimos
- investides
- invisten
Presente do subxuntivo
- invista
- invistas
- invista
- invistamos
- invistades
- invistan
Imperativo
- inviste
- investide
Conforme o modelo anterior conxúganse os seguintes verbos: adherir; advertir, divertir; agredir, transgredir; conferir, diferir, inferir, preferir, proferir, referir, transferir; competir, repetir; concernir, discernir; espelir; espir; dixerir, inxerir, suxerir; inserir; medir; pedir e derivados; reflectir; vestir, revestir.
Exercicios
Completa os espazos cos verbos no presente do indicativo:
- O noso é un dos países que menos
inviste (investir) en Educación. - Unha investigación conclúe que cada persoa
inxire (inxerir) cerca de 250 gramos de micropartículas de plástico por ano. - Teño que confesar que me
divirto (divertir) moito con eles. - A maioría dos filmes exhibidos
reflicte (reflectir) e retrata a Alemaña actual. - Esta non é a primeira vez que Beyoncé
viste (vestir) unha marca francesa. - A Federación Portuguesa de Naturismo quéixase de que as praias naturistas están a ser invadidas por persoas que non se
ispen (espir). - Somos, neste momento, os peores entre os peores do mundo no que
concirne (concernir) aos indicadores de desemprego. - Os emigrantes cualificados
prefiren (preferir) os países do Norte da Europa. - Muller grávida
agride (agredir) médica no servizo de urxencias do hospital de Ourense. - Os círculos sociais en que as persoas se
insiren (inserir) poden afectar as súas oportunidade de empregos. - Para aqueles que tiveren curiosidade,
suxiro (suxerir) unha visita ao sitio web da compañía (eu).