Verbos pronominais en galego
Presente do indicativo
Os verbos pronominais son aqueles que se conxugan cun pronome. As formas do pronome que tes de acrescentar ao verbo son: me, te, se, nos, vos ou se.
Presente do indicativo do verbo atreverse
- eu atrévome
- ti atréveste
- ele, ela, vostede atrévese
- nós atrevémonos
- vós atrevédesvos
- eles, elas, vostedes atrévense
A conxugación destes verbos non é complicada, só presta atención a estes dous pormenores:
- A adición do pronome causa mudanzas na acentuación. Neste caso, as formas verbais eran graves e pasan a ser esdrúxulas. Como sabes, as palabras esdrúxulas acentúanse sempre 👇
- atrevo > atrévome
- atreves > atréveste
- atreve > atrévese
- atrevemos > atrevémonos
- atrevedes > atrevédesvos
- atreven > atrévense
-
A P4, a 2ª persoa do plural (atrevemos), perde o -s final, seguida do pronome nos.
Non é
atrevémosnos👎, é atrevémonos 👍
Un pouco de práctica!
Serie 1
Conxuga os verbos:
-
Presente do indicativo do verbo arrepentirse
-
Presente do indicativo do verbo queixarse
-
Presente do indicativo do verbo comportarse
-
Presente do indicativo do verbo equivocarse
-
Presente do indicativo do verbo espreguizarse
-
Presente do indicativo do verbo esforzarse