Tritongos
Tres vogais seguidas que se pronuncian nunha mesma sílaba forman un tritongo. Os tritongos presentan a seguinte estrutura:
semivogal (i, u) + vogal aberta (a, e, o) + semivogal (i, u)
Exs.: residuais (re-si-duais), acariciei (a-ca-ri-ciei), cambiou (cam-biou)
Cando as tres vogais que van seguidas fan parte de sílabas distintas, non se trata dun tritongo.
Exs.: fieito (fi - ei - to), actuou (ac-tu-ou), raia (ra-ia)
Agora é a túa vez!
Exercicio 1
Separa as palabras en sílabas. Despois, clasifica en ditongo, hiato ou tritongo os encontros vocálicos que houber:
- adecuei:
a-de-cuei tritongo - apoio:
a-po-io ditongo - iguais:
i-guais tritongo - dúas:
dú-as hiato - chuvieira:
chu-viei-ra tritongo - alegría:
a-le-grí-a hiato - gaita:
gai-ta ditongo - fieis:
fieis tritongo - miúdo:
mi-ú-do hiato - Uruguai:
U-ru-guai tritongo - cafeína:
ca-fe-í-na hiato
Exercicio 2
A pesar de os tritongos seren moi pouco frecuentes en galego, encontrámolos no plural das palabras terminadas en -ial.
Trátase de palabras agudas de máis de unha sílaba que forman o plural trocando o -l final polo -is.
Agora que o sabes, pon en plural as seguintes palabras para os tritongos apareceren:
- especiais:
especiais - bestial:
bestiais - prexudicial:
prexudiciais - material:
materiais - xenial:
xeniais - industrial:
industriais - oficial:
oficiais - artificial:
artificiais - ecuatorial:
ecuatoriais - celestial:
celestiais