Toponimia
- Onomástica: ciencia que estuda o nome propio. Divídese en: 1) Toponimia | topónimo: nome de lugar 2) Antroponimia | antropónimo: nome persoal
- Toponimia: ciencia que estuda o nome propio de lugar.
toponimia urbana: a relativa aos nomes das rúas, prazas, etc. de vilas e cidades. - Topónimo: nome de lugar. Os topónimos poden ser simples (Marantes) ou compostos (Vista Alegre).
- Patronímico: apelido procedente dun nome. Rodríguez, por exemplo.
- Concello: unidade territorial en que se dividen as provincias.
- Parroquia: unidade territorial en que se dividen os concellos. Tamén é unha división relixiosa. Toda parroquia ten como patrón un santo.
- Aldea (sinónimos: lugar, barrio, xudaría, … ): unidade territorial mínima. Grupo de casas, normalmente en zona rural, cuxos habitantes se dedican a actividades agrícolas. Non se debe confundir con pobo.
- Vila: núcleo de poboación maior ca a aldea e menor ca a cidade. Nos primeiros séculos da chegada dos romanos a Galicia, unha "vila" era unha casa rural coas súas dependencias para o gando e a agricultura e as terras agrícolas que a rodeaban. Non se debe confundir con pobo.
- Cidade: núcleo de poboación grande e con moitos habitantes que se dedican a actividades non agrícolas.
- Barrio (urbano): cada unha das partes en que se dividen as vilas grandes ou as cidades.
- Pobo: conxunto dos habitantes dun territorio, cidade, vila ou aldea.
- Localidade: aldea, vila ou cidade; núcleo de poboación.
- Poboación: espazo habitado; conxunto de casas e espazos dun núcleo habitado.
- Macrotopónimo ou topónimo maior: úsase normalmente para referirse ao nome de lugar (topónimo) dun núcleo habitado.
- Microtopónimo ou topónimo menor: úsase normalmente para referirse ao nome de lugar (topónimo) dun lugar non habitado (monte, prado, camiño, muíño...).
- Zootopónimo: topónimo referido a un animal.
- Fitotopónimo: topónimo referido a unha planta.
- Antropotopónimo: topónimo referido a un nome de persoa.
- Hidrotopónimo: topónimo referido á auga.
- Orotopónimo: topónimo referido ao relevo do territorio.
- Haxiotopónimo: topónimo referido a fundación relixiosas e a santos.
- Odotoponimia: topónimo referido a vías de comunicación.
- Étimo: raíz ou palabra da que procede outra.
- Transparente (topónimo): que é moi claro ou que é fácil de coñecer o seu significado porque é unha palabra de uso común que vén no dicionario.
- Escuro (topónimo): que non se comprende con facilidade porque non temos os datos precisos para interpretalo.