Recursos para a aprendizaxe da lingua galega

Tanxugueiras no Benidorm Fest

3 palabras para comprenderes a elección do representante español para a Eurovisión 2022

Pandeireteira, pandeireteiro

Substantivo

Persoa que toca o pandeiro ou a pandeireta.

@digochoeu #DígochoEu #galego #Galicia #TVG #aprendecontiktok ♬ sonido original - #DígochoEu

Aturuxo

Substantivo masculino

Berro agudo, forte e prolongado que se emite en sinal de alegría, nas festas e foliadas ou en canto se realizan certos traballos agrícolas.

Exemplo:

Agora que xa sabes como é o noso aturuxo, queres saber como é o aturuxo bretón?

@digochoeu Aturuxando en #galego e en #bretón #brezhoneg 🤭 #DígochoEu #Galicia #Bretaña #TVG #Eurovision ♬ original sound - #DígochoEu

Aldraxe

Substantivo masculino ou substantivo feminino

Maltrato moral, de palabra ou de obra.

Sinónimos: Afronta, agravio, insulto, inxuria, ofensa, vexame, vexación.

Exemplo 1: #aldraxe

Exemplo 2: Baixo o lema “Aldraxe Fest”, a Mesa pola Normalización Lingüística convoca mobilizacións a quinta feira para denunciar o “desprezo” de Radio Televisión Española cara ao galego...

Exemplo 3:

@digochoeu Que indignada estaba! @tanxugueiras 😅 #DígochoEu #galego #Galicia #TVG #BenidormFest #Eurovision ♬ original sound - #DígochoEu