Series de vogais I
Para aprender a distinguir entre abertas e fechadas
5 letras para 7 vogais
En galego temos 7 vogais, mais só usamos 5 letras (a, e, i, o, u) para representalas.
As vogais son o a, o e aberto, o e fechado, o i, o o aberto, o o fechado e o u.
Isto quere dicir que aínda que na escrita teñamos un e, dependendo da palabra, unhas veces teremos que pronunciar un e aberto e outras, un e fechado. O mesmo acontece coa letra o: unhas veces ese o será aberto e outras, fechado.
Eu non distingo entre abertas e fechadas, soa todo igual!
Non, non é verdade. Aprender a diferencialas non é difícil, só é necesario un pouco de práctica.
Como ao longo de todo o ano, imos facer moitos exercicios, garántoche que acabarás por distinguilas. Non ten segredo ningún, só hai que ouvir e prestar atención a como son pronunciadas. Para practicares, podes usar o Dicionario de pronuncia galega
Pouco a pouco iraste familiarizando cos sons e serás capaz de distinguilas e de producilas. O obxectivo final deste tipo de exercicios é pronuncialas correctamente cando falamos.
Comezamos?
Ouve con atención e identifica como é o e e o o da sílaba tónica das seguintes series de palabras:
Escribe aberto ou fechado no cadro.
Serie 1: Numerais cardinais
cero:
tres:
sete:
nove:
dez:
doce:
trece:
cen:
Serie 2: Pronomes persoais tónicos
eu:
el:
ela:
nós:
vós:
eles:
elas:
Serie 3: Animais con e
abella:
cadela:
bolboreta:
camelo:
serpe:
ovella:
avespa:
egua:
Serie 4: Animais con o
oso:
lobo:
saltón:
caracol:
raposo:
porco:
falcón:
cobra: