Recursos para a aprendizaxe da lingua galega

Responde em campo

O que achas? O futebol não é para meninas?

O vídeo forma parte dunha campaña lanzada pola Federação Portuguesa de Futebol con dous obxectivos:

  1. Combater os preconceptos ou prexuízos asociados ao fútbol feminino
  2. Potenciar a práctica deste deporte entre as rapazas

Un preconcepto ou un prexuízo é unha opinión que non é baseada en datos obxectivos.

Tarefas

  1. Olla con atención o vídeo e vai anotando todos os preconceptos ou prexuízos que aparecen mencionados. Fai unha listaxe.
  2. Como soubeches identificar os preconceptos?
  3. As imaxes confirman ou negan as afirmacións que fai o locutor? Cal pode ser o motivo de que aconteza isto?
  4. Cres que Responde em campo é un bo título para a campaña? Por que?