R-E-S-P-E-C-T-(O)
Quen ía pensar que o coñecemento do galego ía servir para reforzar a ortografía do inglés? Serve, si, porque a forma escrita da palabra é moi parecida nas dúas linguas. En galego escríbese respecto e en inglés, respect. Con -c- nos dous casos.
Sendo a protagonista deste post a palabra respecto, hai unha canción que non podía faltar. Estou a falar de Respect, unha das músicas máis coñecidas da grande Aretha Franklin.
Presta atención a como soletrea a palabra a raíña do soul:
R - E - S - P - E - C - T
Como en galego!:
R - E - S - P - E - C - T - O
En portugués é con -i- o substantivo:
R - E - S - P - E - I - T - O
E tamén o verbo:
Eu sei, un clip é pouco! Queres ouvila do inicio ao fin, non queres? 👇