Exercicios de verbos (1)
Adestramento para conxugarmos ben os verbos en presente de indicativo
Recursos
Se tiverdes dúbidas, podedes usar un conxugador. O seu uso é moi simple. Deixo abaixo as ligazóns a dous:
Conxugador de verbos en galego
Dicionario da Real Academia Galega (RAG)
No caso do conxugador do dicionario da RAG, non podedes conxugar o verbo directamente. Primeiro tedes que buscar o seu significado no dicionario e, cando vos devolva o resultado da busca, premer no botón "conxugar" que vos aparece ao lado do infinitivo.
Completa co verbo correspondente en presente de indicativo.
- Ti non
es (ser) tan listo comocres (crer). - Helena
mente (mentir) sempre, non creas nada do quedi (dicir). - Por que non me
dás (dar) ti unha resposta? - O número de persoas infectadas polo coronavirus
sobe (subir) cada día que pasa. - Eu non
caibo (caber) nun sitio tan pequeno. - Pablo
é (ser) o máis vello dos tres. - (Eu)
estudo (estudar) dúas horas todos os días. - Ti que
vas (ir) facer esta fin de semana? - Os filandeses son os europeos que máis libros
len (ler). - Xiana
di (dicir) que non quere vir connosco. - Con este barullo non
oio (oír) nada do que me estás a dicir. - As rosas
olen (ulir) mellor que os caraveis. - Cando vas volver? (Eu)
sinto (sentir) moito a túa falta. - Se lle
sobe (subir) a febre, colócalle unha toalla mollada en auga fría na testa. - Cando te
pos (pór) así, non hai quen te ature.