Recursos para a aprendizaxe da lingua galega

O presente do indicativo (1)

Exercicio para fixares as formas correctas de certos verbos no presente do indicativo

Recursos

Se tiveres dúbidas, podes usar un conxugador. O seu uso é moi simple. Deixo abaixo as ligazóns a dous:

Conxugador de verbos en galego

Dicionario da Real Academia Galega (RAG)

No caso do conxugador do dicionario da RAG, non podes conxugar o verbo directamente. Primeiro tes que buscar o seu significado no dicionario e, cando che devolva o resultado da busca, premer no botón "conxugar" que che aparece ao lado do infinitivo.


Completa co verbo correspondente no presente do indicativo.

  1. Ti non es (ser) tan listo como cres (crer).
  2. Helena mente (mentir) sempre, non creas nada do que di (dicir).
  3. Por que non me dás (dar) ti unha resposta?
  4. O número de persoas infectadas polo coronavirus sobe (subir) cada día que pasa.
  5. Eu non caibo (caber) nun sitio tan pequeno.
  6. Pablo é (ser) o máis vello dos tres.
  7. (Eu) estudo (estudar) dúas horas todos os días.
  8. Ti que vas (ir) facer este fin de semana?
  9. Os filandeses son os europeos que máis libros len (ler).
  10. Xiana di (dicir) que non quere vir connosco.
  11. Con este barullo non oio (oír) nada do que me estás a dicir.
  12. As rosas olen (ulir) mellor que os caraveis.
  13. Cando vas volver? (Eu) sinto (sentir) moito a túa falta.
  14. Se lle sobe (subir) a febre, colócalle unha toalla mollada en auga fría na testa.
  15. Cando te pos (pór) así, non hai quen te ature.

Verifica as respostas