Recursos de galego para secundaria

Pippi Mediaslongas

Aquela bonita tarde de verán na que Pippi entrou polo limiar de Vilapenela, Tommy e Annika non estaban na súa casa. Foran pasar unha semana coa súa avoa. Non tiñan nin idea de que alguén se instalara na casa do lado. E os primeiros días despois de regresar apoiáronse na cancela a mirar para a rúa, sen saber que había unha compañeira de xogos tan pretiño. Nese preciso momento no que estaban alí a pensar o que podían facer, e se podía acontecer algo bonito nese día ou se ía ser un día tristeiro, deses nos que non se lles ocorría nada que facer, xusto nese preciso momento, abriuse a cancela de Vilapenela e apareceu unha rapaza pequena. Era a nena máis estraña que viran Tommy e Annika: Pippi Mediaslongas, que saía a dar un paseo matutino. E así era ela:

Tiña o cabelo da mesma cor ca as cenorias e recollíao en dúas trenzas duras e dereitas que lle saían polos lados. O nariz tiña o mesmo xeito ca unha pataca pequena e estaba cheo de pencas. Debaixo do nariz tiña unha boca ben ancha con dentes brancos e sans.

O vestido era moi curioso. Fixérao ela mesma. Pensara en facelo azul, pero a tea azul non lle chegara, así que Pippi foille cosendo pequenos anacos vermellos de tea por aquí e por alí.

Cubría as pernas longas e delgadas cun par de medias longas, unha marrón e a outra negra. E calzaba un par de zapatos negros que eran xusto o dobre de longos ca os seus pés. Os zapatos comprárallos o pai en América do sur, para as medras, e nunca quería pór outros distintos.

Mais o que lles fixo arregalar os ollos a Tommy e a Annika foi o mono que estaba no ombreiro daquela estraña. Era un macaco pequeno, vestido cuns pantalóns azuis, unha chaqueta amarela e un sombreiro branco de palla. Pippi botou a andar rúa arriba.

Fragmento da obra Pippi Mediaslongas da escritora sueca Astrid Lindgren

Test de comprensión lectora

Selecciona a resposta correcta para cada unha das preguntas:

1. Cando ven Tommy e Annika a Pippi por primeira vez?



2. De acordo coa información que se dá no texto, como dirías que é Pippi:



3. Con que se compara o nariz de Pippi?



4. O que cres que é Mediaslongas?



5. No fragmento dise que Tommy e Annika arregalan os ollos. Que significa esta expresión?



6. Por que Tommy e Annika arregalan os ollos?



7. Que significa que o pai de Pippi lle comprara os zapatos para as medras?



8. Que adxectivo describe mellor a Pippi?



9. No texto dise que Pippi é a nena máis estraña que viran Tommy e Annika. Por que?



10. No texto que acabas de ler predomina a descrición. Que é o que se describe?