Papúa-Nova Guinea
O pequeno país onde son faladas máis de 880 linguas
A Papúa-Nova Guinea é un estado da Oceanía que ocupa a metade oriental da Nova Guinea e algunhas illas e arquipélagos próximos.
Como un país de apenas 8 millóns de habitantes fala máis de 800 linguas?
Os factores que explican tanta diversidade lingüística podemos resumilos así:
- O país é habitado por diferentes tribos, por tanto, hai moitas linguas porque hai moitos pobos a conviviren nese lugar.
- Máis de 80 % da poboación vive en aldeas que ficaron illadas unhas das outras, espalladas en centenas de illas por séculos. En certas partes, as montañas foron barreiras naturais que axudaron a preservar as culturas e linguas dos seus moradores.
- A ausencia dun poder central forte contribuíu tamén para a diversidade lingüística.
Na actualidade, as linguas oficiais na Papúa-Nova Guinea son catro: inglés, tok pisin, hiri motu e, desde 2015 a lingua de sinais de Papúa-Nova Guinea. O inglés é o idioma do goberno e do sistema educativo mais non é moi falado noutros ámbitos.
A lingua con máis falantes é o tok pisin, unha lingua crioula que se popularizou coa colonización británica. Outro idioma popular é o kerewo, falado no sur do país.
Un crioulo é unha lingua que resulta de mesturar a lingua dun pobo colonizador europeo, neste caso o inglés, coas linguas autóctonas do lugar. Co tempo, acaba tornándose na lingua materna dos habitantes da comunidade.