Palabras no armario
Recurso para descubrires sinónimos
A seguir, preséntoche unha serie de formas galegas que, a pesar de seren moi usadas polos falantes de portugués, case non usamos os galegos. A razón, como sempre, é que preferimos utilizar unha palabra sinónima que coincide coa castelá.
Se non souberes o significado, clica no cartón para descubrires ese sinónimo que andas a usar no seu lugar. Agora que sabes que é unha forma válida en galego, non a deixes no armario.
Acordar
Espertar
Ex.: Acordo ás 7 todos os días.
Ex.: Acordo ás 7 todos os días.
Ananás
Piña
Usa ananás para a froita tropical e reserva piña para o froito do piñeiro.
Usa ananás para a froita tropical e reserva piña para o froito do piñeiro.
Aspas
Comiñas
Banana
Plátano
Bater
Pegar
Ex.: Bateron nel até que se cansaron.
Ex.: Bateron nel até que se cansaron.
Cartón
Tarxeta
Si, en galego tamén podes dicir cartón amarelo, cartón de crédito, cartón de embarque, cartón de estudo, cartón de visita.
Si, en galego tamén podes dicir cartón amarelo, cartón de crédito, cartón de embarque, cartón de estudo, cartón de visita.
Cola
Pegamento
Cola é calquera tipo de pegamento. É escusado dicir que colar é un sinónimo de pegar.
Cola é calquera tipo de pegamento. É escusado dicir que colar é un sinónimo de pegar.
Colete
Chaleco
Corrida
Carreira
Corrida é un sinónimo de carreira só no ámbito deportivo. Na área do traballo, o termo que debemos utilizar é carreira profesional.
Corrida é un sinónimo de carreira só no ámbito deportivo. Na área do traballo, o termo que debemos utilizar é carreira profesional.
Cozar
Rascar
Desempregado
Parado
Doente
Enfermo
Escritorio ou gabinete
Despacho
Frigorífico
Neveira
Luva
Guante
Magro
Delgado
Segunda feira
Luns
Sino
Campá
Testa
Fronte
Esta parte da cara ten dous nomes. Reivindica testa!
Esta parte da cara ten dous nomes. Reivindica testa!
Vírgula
Coma
O nome deste signo de puntuación tamén é vírgula en galego
O nome deste signo de puntuación tamén é vírgula en galego