22 preguntas sobre o Entroido galego
Cartóns ou flashcards coas respostas a algunhas cuestións básicas sobre esta festa
De onde vén a palabra Entroido?
  Procede do latín INTROITO “entrada na Coresma”
O que é a Coresma?
  Período de corenta e seis días consagrado polos católicos e os ortodoxos á penitencia, que vai desde o mércores de Cinsa até o día da Pascua, ambos incluídos. 
O que é o triángulo máxico do Entroido?
  Coñécese así unha zona comprendida entre Xinzo de Limia, Laza e Verín, cunha grande tradición en festexar o Entroido
O que é entroidar?
  Festexar o Entroido
Campaíña de metal que se pendura ao pescozo das reses de gando e que levan tamén algunhas máscaras do Entroido
  Choca
Vestido e máscara que se utiliza nalgunhas festas e sobre todo no Entroido para mudar de aparencia e evitar que sexa recoñecida a persoa que o leva
  Disfrace
Boneco que se queima ao acabar o Entroido
  Meco
Personaxe do Entroido galego propio de Verín
  Cigarrón
Obxecto con que se tapa a cara ou parte dela para non ser recoñecido, en particular aquel que cobre a zona que está ao redor dos ollos
  Anteface
Personaxe típico do Entroido de Xinzo de Limia
  Pantalla
Conxunto de persoas, disfrazadas ou non, que van xuntas para se divertiren e divertiren os demais, especialmente no Entroido
  Comparsa
Obxecto que representa unha cara, que se utiliza para cubrir e ocultar o rostro
  Carauta
O que levan as pantallas de Xinzo nas mans?
  Levan dúas vinchas de porco ou de vaca secas e inchadas como globos
Sinónimos de carauta
  Careta, carantoña, caranta, caroza, máscara, felo
Personaxe do Entroido de Laza
  Peliqueiro
Por que se chama peliqueiro?
  O nome de peliqueiro vénlle a este personaxe dun dos complementos que leva, unha pelica de gato ou coello que colga pola parte posterior da mitra
O que é a farrapada?
  É un batalla de farrapos manchados de lama que os participantes na festa se tiran uns a outros o luns borralleiro en Laza
Sobremesas de Entroido
  Filloas, orellas, flores, chulas, rosquillas, bica...
Personaxe do Entroido de Salcedo, na Pobra do Brollón
  O oso
Cabeleira postiza
  Perruca
A palabra maquillaxe é masculina ou feminina?
  É feminina: a maquillaxe
Persoa vestida de forma desleixada ou ridícula
  Entroido