Os posesivos
Ben falado! Os posesivos meu, teu, seu
Ben falado! De meu, de teu, de seu
Significados: de meu, de teu, de seu
- Indicar que teño a propiedade exclusiva de algo. Úsase con bens materiais que podes comprar, vender, ter, perder ou transmitir a outros:
- Tendes un apartamento de voso?
- Ese libro é de teu ou emprestároncho.
- Aínda que nacín nela, a miña casa non é de meu.
- Non ten casa de seu, por iso aínda vive cos pais.
- Como non ten coche de seu, vai cun compañeiro ao traballo.
- Non teñen terras de seu, traballan as dos outros.
As expresións de meu, de teu, de seu, de noso, de voso e de seu empréganse para expresar pertenza exclusiva:
- Tantos anos de traballo e non tendes nada de voso.
- Indicar que alguén posúe algo en por si, por propia natureza, como característica ou propiedade da súa maneira de ser.
- Como é lista de seu, entende todo á primeira.
- Podes pedirlle axuda cando precises, Ana é boa de seu.
- O coala é preguizoso de seu.
Estas formas poden indicar que unha característica é propia da natureza dunha persoa.
- Seguro que non espera nada a cambio. É que é boíño de seu.
- Indicar que algo sucede por si mesmo, sen participación externa:
- O cadro caeu de seu, non lle tocou ninguén.
- É tan forte que curou de seu, sen tomar medicación ningunha.
- Non apaguei a TV, parou de seu. Debeu marchar a corrente.
- Indicar relación de parentesco (No norte de Galicia e mais no leste, entre Lugo e Asturias, e sobre todo entre Lugo e León)
- Unha tía de noso.
- Un fillo de meu.
Ben falado! Cadanseu, cadansúa, cadanseus, cadansúas
(04:16 min)