Recursos para a aprendizaxe da lingua galega

Os números cardinais en galego

Aprenderes os números en galego é moi fácil. Segundo Esther Estévez, só é preciso 1 minuto:

Agora só hai que practicar. Para iso, completa as series numéricas:

0 a 10

cero - un - dous - tres - catro - cinco - seis - sete - oito - nove - dez

11 a 20

once - doce - trece - catorce - quince - dezaseis - dezasete - dezaoito - dezanove - vinte

21 a 30

vinte e un - vinte e dous - vinte e tres - vinte e catro - vinte e cinco - vinte e seis - vinte e sete - vinte e oito - vinte e nove - trinta

10 a 100

dez - vinte - trinta - corenta - cincuenta - sesenta - setenta - oitenta - noventa - cen

100 a 1000

cen - douscentos - trescentos - catrocentos - cincocentos ou quiñentos - seiscentos - setecentos - oitocentos - novecentos - mil

Verifica as respostas

Días D

A seguir, tes unha pequena relación de datas sinaladas no calendario. Escribe por extenso o día de cada unha destas conmemoracións:

  1. O Día da Candeloria (cando casan os paxariños) > dous de febreiro
  2. O Día de Rosalía de Castro (o día do seu nacemento) > vinte e tres de febreiro
  3. O Día Internacional da Muller > oito de marzo
  4. O Día das Letras Galegas > dezasete de maio
  5. O Día de San Xoán > vinte e catro de xuño
  6. O Día da Patria Galega > vinte e cinco de xullo
  7. O Día de San Martiño > once de novembro

Verifica as respostas

Repara!

Aínda que a partir de vinte o numeral se escribe separado (vinte e un, trinta e dous...), nunha pronuncia natural non hai pausas. Acontece isto porque o e (vinte) ou o a (corenta, cincuenta, sesenta...) do final contrae coa conxunción e que vén inmediatamente despois. O resultado desa contracción é un e aberto [ɛ].

Exemplo:

vinte e sete [bintɛ'sɛte]

trinta e dúas ['trintɛ'ðuas]

oitenta e catro [oj'tɛntɛ'katro]