Recursos de galego para secundaria

Os monosílabos en galego non levan acento gráfico

Ou si?

Non levan, non. Segundo as Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego (NOMIG, 2003) as palabras monosílabas non se acentúan en galego.

Con todo, hai unha excepción. Algunhas palabras dunha única sílaba si levan acento gráfico para as diferenciarmos doutras que se escriben igual, mais teñen un significado diferente.

Trátase dun acento especial, que non responde a ningunha regra. Usámolo simplemente para distinguir palabras. E como é un acento un tanto especial, tamén ten un nome especial: acento diacrítico.

Recursos

Preme nesta ligazón para ver as palabras que si levan acento diacrítico

E clica nas de abaixo para coñecer algúns monosílabos que nunca levan acento:

Vídeo do #DígochoEu: Quítalle o acento ao cu!

Vídeo do #DígochoEu: Non digas que si a todo


Exercicios

Os monosílabos das seguintes oracións levan acento, si ou non?

  1. Marcou un gol no último minuto do partido.
  2. Como o chan estaba húmido, escorregou e caeu de cu.
  3. Uso o mel para adozar o iogur.
  4. Nesta avaliación está a traballar moito máis, teño fe en que vai aprobar.
  5. Está san coma un buxo.
  6. Imos ao cinema? Imos, si, quero ver o último filme de Steven Spielberg.
  7. Limpo o po unha vez por semana.
  8. El non sabe ren, por favor, non llo contes.
  9. As notas musicais son , re, mi, fa, sol, la, si.
  10. Comprei un gorro de la para o inverno.
  11. As ras viven preto da auga.
  12. Os membros da seita crían que o fin do mundo sería en 2020.
  13. Parabéns! Fixeches un bo traballo.
  14. Nin fuma nin bebe alcohol, leva unha vida moi sa.
  15. O son das ondas do mar é moi relaxante.
  16. Os fans da artista levan horas esperando por ela á porta do hotel.
  17. A sopa está eslamiada, esqueciches o sal?
  18. A miña festa preferida é a de san Xoán.
  19. Mozart naceu cun don para a música.
  20. pode haber dous acompañantes por persoa no cuarto.
  21. Compra pan para o xantar.
  22. Foi a unha praia nudista para poder tomar sol completamente nu.
  23. A miña cor preferida é o azul.
  24. Aquí tes unha pa, ponte a cavar.
  25. Non me contestes nese ton.

Corrixe as respostas