Os graos de parentesco
Escribe ao pé de cada palabra, a súa sinónima:
- curmán:
primo - marido:
esposo - nai:
mai - antepasado:
devanceiro - pai político:
sogro - familiar:
parente - filla política:
nora
Fai a correspondencia entre os seguintes termos e as definicións:
- O irmán só por parte da miña nai ou só por parte do meu pai é o meu
medio irmán - A nai do meu marido ou da miña muller é a miña
sogra - O fillo do meu irmán ou da miña irmá é o meu
sobriño - A muller do meu pai que non é a miña nai é a miña
madrasta - O marido da miña filla é o meu
xenro - Un fillo que perdeu o pai e a nai ou un deles é
orfo - O pai do meu avó ou da miña avoa é o meu
bisavó - Unha muller a quen morreu o marido é unha
viúva - O fillo dunha relación anterior do meu cónxuxe é o meu
enteado