Recursos de galego para secundaria

Os animais

Actividades completarias ás da unidade 9 do voso libro de texto

Esta semana continuaremos a traballar o vocabulario relacionado cos animais mediante estas actividades. Facede as 3 no voso caderno.

  1. Os exercicios das páxinas 156 e 157 do voso libro (Vocabulario. Seres moi vivos).
  2. Xogo sobre pais e nais
  3. Canción "Os animais" de Luar na Lubre:

E que mellor forma de fechar esta andaina polo léxico do animais que con música. Para coñecerdes un pouco máis a Luar na Lubre, a banda galega que compuxo a canción que acabades de escoitar, propóñovos que exploredes tres recursos con información sobre ela. As ligazóns a cada un deles aparecen a continuación:

Vídeo do Ben Falado

Entrada de Luar na Lubre na Galipedia

Sitio oficial de Luar na Lubre

Tratade agora de responder estas preguntas:

  1. Que significa o nome Luar na Lubre?
  2. Cantos anos levan en activo?
  3. Que membro da banda toca a zanfona?
  4. Como se chama o estilo de música que fai Luar na Lubre?
  5. A que disco pertence a canción “Os animais”?