Oles moito a xel!
O verbo ulir é un verbo con alternacia vocálica. Lémbraste de cal é a particularidade que presentan este tipo de verbos?
Comeza por ollar o vídeo de Páramo Pictures que parodia a música All the things she said da banda rusa t.A.T.u. A versión deles intitúlase Oles moito a xel!:
Sabes responder agora á pregunta? Na verdade, dos verbos con este tipo de alternancia vocálica xa falamos no post dedicado ao verbo consumir. Se for preciso, revé a información aquí: Verbos tipo consumir
Exercicios
Completa os espazos cos verbos no presente do indicativo:
- Unha nube de poeira
cobre (cubrir) a cidade de Beijing desde hai días. - As cobras
engolen (engulir) as súas presas enteiras. - A maioría das persoas
dorme (durmir) menos horas do que sería aconsellábel. - A protagonista do filme administra un club nocturno que
encobre (encubrir) un negocio de tráfico de drogas. - As mulleres que
consomen (consumir) máis peixesofren (sufrir) menos do corazón. - Os prezos
soben (subir) por causa da inflación. - Que perfume usas?
Oles (ulir) tan ben! (ti) - Máis de 70000 persoas
foxen (fuxir) da cidade ucraína de Donetsk. - Fregar excesivamente os dentes con bicarbonato de sodio pode eliminar o esmalte que os
recobre (recubrir). - Desde que tomo unha caneca de leite quente con mel antes de ir para a cama,
tuso (tusir) moito menos. - Ninguén
moxe (muxir) as vacas á man agora, todosmoxen (muxir) coa muxidoira.