O traballo
Vocabulario básico para falar do traballo
- Empresario/-a, dono/-a (dos medios de produción), patrón - patroa, xefe/-a
- Emprendedor/-a, emprendemento, emprendedorismo
- Entidade patronal vs. sindicatos
- Confraría, gremio, corporación, asociación profesional
- A peme, as pemes (pequena e mediana empresa)
- Emprego, traballo, posto de traballo, choio (coloquial), chope "traballo bo e doado de facer" (coloquial)
- Traballar, choiar (coloquial)
- Traballar por conta propia, traballar por conta allea
- Traballador autónomo, independente
- Operario/-a, traballador/-a, empregado/-a
- Plantilla (es) > cadro de persoal, persoal, empregados, operarios, traballadores
- Becario (es) > bolseiro
- Precario, precariado, precariedade, precarización
O economista e sociólogo inglés Guy Standing define o precariado como a clase de persoas que se encontran en situación de precariedade prolongada polo seu baixo nivel de ingresos e pola incerteza sobre o seu futuro laboral.
- Desemprego, estar no desemprego, desempregado/-a
- Empregador/-a
- Recrutar, recrutador/-a, recrutamento
- Carreira profesional
- Cualificación profesional, persoa cualificada
- Currículo
- Procura de emprego, procura activa de emprego
- Oferta de emprego
- Candidatura de emprego, candidatarse a un emprego
- Experiencia profesional, persoa con experiencia
- Enchufe (es) > cuña
- Fábrica, industria
- Actividade fabril - actividades fabrís, actividade industrial - actividades industriais
- Cadena de montaje (es) > Liña de montaxe, liña de produción
- Asinar un contrato
- Contrato a tempo parcial, contrato a tempo completo
- Salario, salario mínimo, retribución
- Gañar moito, gañar pouco
- Fenda salarial
- Despido (es) > despedimento
- Cese (es) > cesamento, cesación (da actividade)
- Folga, folga de fame, manifestacións, reivindicacións
- Esquirol (es) > quebrafolgas ~ crebafolgas
- Piquete
- Cota á Seguridade Social
- Sixilo profesional ou segredo profesional
- Deontoloxía, código deontolóxico "conxunto de deberes e regras de natureza ética dun grupo profesional"
- Dar e pedir a baixa
- Licenza (de estudos...)
- Condicións laborais: salubre, salubridade, insalubre, insalubridade
- Dietas (es) > axudas de custo
- Xornada laboral
- Horario, quenda
- Xubilar, xubilado, xubilación
- Pensión (de invalidez, de xubilación, vitalicia)