Recursos para a aprendizaxe da lingua galega

O til non é un acento

O til

Esta é a cabeza dunha alumna que acaba de descubrir que o til non é un acento 👇

Non estou a exaxerar! Nas miñas aulas, isto é moi habitual!

O que é o til, entón? 👇

O til é un sinal gráfico que se coloca sobre certas vogais para indicar que son nasais: mãe, coração... E tamén sobre o ñ. Este é o seu aspecto:

~

Non se trata, por tanto, dun sinónimo de acento, é outra cousa.

O acento

O acento, como xa sabes, é o sinal que utilizamos para marcar a sílaba tónica e tamén a pronuncia aberta ou fechada das vogais.

Aínda que en galego (e tamén en portugués) só temos a palabra acento para chamalo, a verdade é que existen diferentes tipos de acentos gráficos:

O que usamos en galego é unicamente o acento agudo 👇

´ Exs.: café, portugués, vou á praia.

Mais, se escribirmos en portugués, teremos que usar tres:

O acento agudo 👇

´ Cando a vogal tónica for aberta: café

O acento circunflexo 👇

^ Cando a vogal tónica for fechada: português

O acento grave 👇

` Nas contraccións: vou à praia

E tilde?

Esquécete de tilde, 🙏. Só é usado como sinónimo de acento no español.