Recursos de galego para secundaria

Chove no mollado

Chuvia ou choiva
Auga que cae das nubes en forma de pingas.
Orballo
Chuvia miúda, esa chuvia que non molla mais que empapa.
Melura
Chuvia moi fina que se desprende da néboa.
Chuvascada
Chuvia forte que dura pouco tempo.
Trebón
Chuvia intensa e súbita que pode ir acompañada de vento e que adoita ter pouca duración.
Arroiada
Chuvia forte e abundante e corrente que se forma. Cando a auga cae a xerros, a cachón.
Saraiba
Chuvia conxelada que cae en forma de grans máis ou menos grandes.
Xistra
Chuvia ou neve acompañada de vento forte e xélido.