Recursos de galego para secundaria

O teito de vidro

Vídeo realizado polo grupo de teatro A Panadaría para a Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo co gallo do 8M. Tal e como sinala o Informe She Figures da Unión Europea e outros estudos similares, o número de mulleres universitarias é maior que o de homes, mais ao final os que se consolidan como académicos ou investigadores son maioritariamente eles, tal e como mostra o famoso “gráfico de tesoiras"

O teito de cristal (vídeo, 2:52 min)