O substantivo é feminino e o artigo determinado, tamén
Xénero do substantivo e do artigo determinado
En español, os substantivos de xénero feminino que comezan por a- ou ha- tónico, trocan o artigo determinado feminino (la) polo masculino (el).
Por que?
Para evitar ter que pronunciar dous as seguidos (la arma) cando están no singular.
Por esta razón, aínda que arma é unha palabra feminina, o artigo determinado singular que a acompaña é masculino: el arma
En galego non acontece isto. Arma é unha palabra feminina, por tanto, o artigo determinado singular tamén é feminino: a arma
Como é: el arma ou la arma?
Se tiveres dúbidas sobre o xénero da palabra, só tes que pasala ao plural.
Exemplo:
O plural de arma é as armas, logo é feminina.
Exercicios
Escribe o artigo determinado:
Básico
abeto >
auga >
arte >
automóbil >
área >
alma >
aula >
aparello >
á (extremidade dos paxaros) >
acordeón >
area >
allo >
aguia >
ama (de cría ou a patroa) >
Intermedio
altofalante >
alga >
algodón >
asa >
áncora >
aspecto >
ascua >
alcol >
aspa >
ánima >
alcume >
ansia >
aloumiño >
arca >
almacén >
arpa >
Avanzado
anteface >
alba >
afán >
anca >
ágora >
agrón >
asta >
ágata >
aborto >
álxebra >
acta >
asma >
árnica >
alifafe >