Recursos para a aprendizaxe da lingua galega

O prefixo bi-/bis- é con b

O prefixo BI-/BIS- significa "dous ou dúas"

Este prefixo é sempre con b.

Exercicio 1

Le as definicións e completa cunha palabra co prefixo bi- ou bis-:

Exemplo: O molusco que ten unha cuncha con dúas valvas é un bivalvo

  1. O vehículo con dúas rodas é a bicicleta
  2. Un deportista dúas veces campión é un bicampión
  3. Unha palabra que ten dúas sílabas é bisílaba
  4. Un home que é avó dúas veces é bisavó
  5. Un obxecto que ten dúas cores é bicolor
  6. Unha persoa que fala dúas linguas é bilingüe
  7. O animal que ten dous pés é bípede
  8. Unha persoa que gusta de homes e mulleres é bisexual

Verifica as respostas

Exercicio 2

Usa as palabras do exercicio anterior para completar as seguintes oracións:

  1. A bandeira suíza é bicolor: vermella e branca.
  2. O ciclista caeu da bicicleta un quilómetro antes de meta.
  3. O actor explicou que é bisexual e tivo relacións con homes e con mulleres.
  4. Os bisnetos están a preparar unha festa sorpresa para o aniversario do bisavó.
  5. Brazo é unha palabra bisílaba.
  6. Queren unha persoa bilingüe, que fale francés e alemán.
  7. O equipo tornouse bicampión despois de gañar este ano o campionato por segundo ano consecutivo.
  8. A avestruz é o animal bípede máis rápido do planeta.

Verifica as respostas