Recursos de galego para secundaria

O pan

Todas as palabras que necesitas para falares do pan

Exercicio 1

Relaciona cada unha das seguintes palabras co número que aparece na imaxe. Escribe debaixo as túas respostas.

alvéolo bola bolo codia cornecho cornechos migallas miolo pan de forma rebanda rocho

1 : migallas

2 : rocho

3 : rebanda

4 : pan de forma

5 : cornecho

6 : bolo

7 : alvéolo

8 : codia

9 : miolo

10 : cornechos

11 : bola

Corrixe as respostas

Exercicio 2

Relaciona cada unha destas palabras do ámbito do pan cun sinónimo:

fungalla codecha alvéolo bolo tafona lévedo

panadaría : tafona

migalla : fungalla

fermento : lévedo

codelo : codecha

molete : bolo

buraco : alvéolo

Corrixe as respostas

Exercicio 3

Completa as seguintes oracións coas palabras que faltan:

fermento broa panceiros cornecho codia pan de forma encetar migallas torradas miolo reseso rocho
  1. Ti que tes bos dentes, come a codia e déixame a min o miolo.
  2. Compra pan abondo que nesta casa somos todos moi panceiros.
  3. O pan reseso pódese aproveitar para facer un pudin.
  4. No verán almorzo torradas de pan con aceite e tomate.
  5. Comín o cornecho do bolo mentres esperaba pola comida.
  6. Para facermos pan, necesitamos 4 ingredientes: fariña, auga, fermento e sal.
  7. Sempre quere encetar el o molete para comer o rocho.
  8. Está prohibido dar migallas de pan ás pombas.
  9. Non podemos cear un sándwich porque se acabou o pan de forma.
  10. As sardiñas asadas con broa son un prato típico da festa de San Xoán.

Corrixe as respostas

Exercicio 4

Na seguinte serie hai catro palabras intrusas que non usamos para falar de porcións de pan. Localízaas:

rebanda codecha toro pedazo codelo cubo faragulla anaco dente rocho filete

Completa os espazos coas palabras intrusas:

  1. un filete de porco
  2. un cubo de xeo
  3. un toro de pescada
  4. un dente de allo

Corrixe as respostas