Recursos para a aprendizaxe da lingua galega

O nome desta froita non é M…

O seu nome en galego/portugués comeza por P, igual que en inglés. A forma inglesa é peach, nós chamámolo PEXEGO e os portugueses, PÊSSEGO.

Agora que sabes isto, aposto que nunca tiñas reparado en que a famosa princesa Peach de Mario Bros é a princesa Pexego en galego.

Pexego tamén é a palabra que máis se repite no tema principal da banda sonora do filme.

Pexegos, pexegos, pexegos...

Nisto, o galego non é unha excepción, usan unha palabra que comeza por P en moitas outras linguas. Dise pêche, en francés; pesco, en italiano; pfirsich, en alemán e prèssec, en catalán, por exemplo.

A próxima vez non te esquezas! Con P!!!