Recursos para a aprendizaxe da lingua galega

O imperativo

O imperativo é un dos tres modos verbais do verbo. Os outros dous son o indicativo e o subxuntivo.

Usos do imperativo

Usamos o imperativo cada vez que...

Cales son as súas formas?

As formas positivas

O imperativo afirmativo en galego ten catro formas: ti e vós (informal); vostede e vostedes (formal)

Como se forman?

As formas para ti e para vós obtéñense eliminando o -s final das formas do presente do indicativo:

No caso das formas para vostede ou vostede, temos que substituír a vogal temática do infinitivo por e, nos verbos da 1ª conxugación, e por a, nos verbos da 2ª e 3ª conxugación:

Decatátesche de que as formas positivas do imperativo para vostede e vostedes coinciden coas formas da 3º persoa (singular e plural) do presente de subxuntivo?

As formas negativas

As formas negativas do imperativo son as mesmas que empregamos para o presente do subxuntivo:

Aínda que esta é a regra xeral, hai verbos que son irregulares (pór, facer, ser, estar etc.).


Exercicio 1

Completa co verbo no imperativo as seguintes oracións:

  1. Comede (comer) todo o que tendes no prato.
  2. Non te oio, berra (berrar) máis.
  3. Entra (entrar), están agardando por ti.
  4. (ser) bo e non me amoles!
  5. Se vas conducir, non bebas beber.
  6. Ven (vir) aquí, non te vou morder.
  7. Rapaces, facede (facer) o que vos din e todo irá ben.
  8. O xantar xa está preparado, Óscar, pon (pór) a mesa, por favor.

Verifica as respostas