Recursos de galego para secundaria

O Entroido

O que é o Entroido?

É unha festa popular de orixe pagá. Nos seus comezos, formaría parte dos ritos vinculados ao inverno, concretamente á fin do frío e á chegada da primavera e do tempo de sementar e, segundo isto, a finalidade das máscaras sería a de espantar os malos espíritos das colleitas.

O Entroido tradicional foi concibido como a celebración do mundo ao revés, o escenario de todo o que está mal visto facer o resto do ano. Antigamente, o sentido do Entroido entendíase fronte á Coresma, que no cristianismo é o tempo da penitencia, da pureza e de pedir perdón polos pecados. Este xeito de concibir o Entroido xa non ten tanto peso na actualidade.

Esta festa recibe moitos nomes ao longo de todo o territorio galego, por exemplo, entroido, antroido, entroiro, antroiro, entruido, entrudio, entrudo (lit.). A forma máis antiga é entroido que xa aparece documentada en 1251 e que foi a que a Real Academia Galega escolleu como estándar. Procede do latín INTROITO “entrada na Coresma”

Alén de entroido tamén temos a forma carnaval. Carnaval é unha palabra de orixe italiana, carnevale ("levar a carne"), que pasou logo a outros idiomas europeos como o francés, o castelán ou mesmo o portugués (desde mediados do século XVI).

Os personaxes do Entroido galego

O máis típico do Entroido é andar de carauta posta chocallando e trangallando, é dicir, correndo o Entroido, procurando que non che caian uns lategazos ou unha presa de formigas.

Con tanta mascarada non resulta doado sabermos quen é quen polo que imos darlle un repaso a algúns dos personaxes máis recoñecidos do noso Entroido:

Unha ducia de personaxes do Entroido, artigo de David Lombao publicado no xornal dixital Praza.

A festa en diferentes lugares

#DetrásDaCarauta Entroido dos Xenerais da Ulla (vídeo, 2:09 min)

#DetrásDaCarauta Entroido de Cobres (vídeo, 2:24 min)

#DetrásDaCarauta Entroido de Viana do Bolo (vídeo, 2:09 min)

#DetrásDaCarauta Entroido de Laza (vídeo, 2:18 min)

#DetrásDaCarauta Entroido de Verín (vídeo, 1:55 min)

#DetrásDaCarauta Entroido de Xinzo de Limia (vídeo, 2:45 min)

Eu son o merdeiro (vídeo sobre este personaxe do Entroido vigués, 3:36 min)

O oso de Salcedo na Proba de Brollón (vídeo, 2:36 min)

Doces de Entroido

Unha ducia de doces do Entroido, artigo de Carmela S. Arines en Praza

Freixós - filloas, vídeo-receita (+ léxico) de Bolboretas no Bandullo

Xogos

Canto sabes do Entroido? Trivia de GCiencia

Entroido. Só unha vale! Portal das Palabras

Vocabulario básico para o Entroido

Palabras de Entroido

Como é? Entroido ou Antroido?

Non digas *antifaz