Recursos para a aprendizaxe da lingua galega

O efecto Matilda

Cousiñas de Muller é o título do vídeo realizado pola compañía de teatro A Panadaría para a Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo, para conmemorar o Día Mundial da Muller e a Nena na Ciencia 2019. A peza alude ao chamado Efecto Matilda, un prexuízo que perdurou durante séculos na ciencia, e que expón como mulleres científicas notábeis reciben menos recoñecemento polo seu traballo do que recibiría un compañeiro home no exame obxectivo do seu desempeño.

O Efecto Matilda é un concepto inventado pola historiadora da ciencia Margaret W. Rossiter, que bautizou o fenómeno na honra da sufraxista e pensadora Matilda Joslyn Gage. A peza utiliza as historias de Marie Curie, Ángela Ruiz, Olimpia Valencia ou Tabitha Babbitt para lembrar como, en moitos casos, os logros das mulleres ficaron escurecidos polos obtidos por figuras masculinas. [Información de Gciencia]

Cousiñas de mulleres (vídeo 2:10 min)