O catalán e a mocidade
Velaquí tes 2 gráficos tirados da Enquisa á xuventude catalá de 2022 que mostran a información máis actualizada de que dispomos sobre os usos lingüísticos da xente nova na Cataluña.
Analiza e tira conclusións:
-
Suma a porcentaxe de mozos e mozas que falan só castelán (Només castellà) e máis castelán que catalán (Més castellà que català) en 2022.
-
Fai o mesmo coa porcentaxe de mozos e mozas que falan só catalán (Només català) e máis catalán que castelán (Més català que castellà) en 2022.
-
Segundo os datos máis recentes, cal é a lingua maioritaria na Cataluña na faixa de idade de 15 a 34 anos?
-
Estabas á espera destes resultados? Por que?
O segundo gráfico presenta a información relativa ás porcentaxes de mozos e mozas que manteñen a súa lingua inicial ou materna e tamén ás porcentaxes daqueles que a mudaron.
-
Cal é a lingua que está a conquistar novos contextos de uso?
-
É certo que o catalán se está a impor ao castelán nesa comunidade?
-
Na túa opinión, cal é a lingua que se debería protexer e promover na Cataluña?
Gráficos tirados da Enquesta a la joventud de Calalunya 2022. Volum 2. Hàbits i estils de vida