Recursos para a aprendizaxe da lingua galega

O alfabeto galego

O alfabeto ou abecedario é o conxunto de letras con que se representan os sons dunha lingua.

O nome alfabeto creouse ao xuntar alfa + beta, os nomes das dúas primeiras letras do grego. Abecedario é o resultado de unir as catro primeiras letras do latín.

Ao contrario do que acontece no español, o nome das letras é de xénero masculino en galego: o a, o be, o pe etc.

O noso alfabeto consta de 23 letras ou grafías (5 vogais e 18 consoantes):

a b c d e f g h i l m n ñ o p q r s t u v x z

Os dígrafos

Alén destas 23 letras, temos tamén 6 dígrafos. Un dígrafo é unha combinación de dúas letras que se usan para representar na escrita, un único son. Os dígrafos do galego son:

ch gu ll nh qu rr

Os dígrafos non se poden separar ao final da liña. Exemplo: ningu-nha, fo-gueira, arre-friado.

Letras doutros alfabetos

Aínda que as seguintes letras non forman parte do alfabeto galego, aparecen en palabras que tomamos doutras linguas. Algunhas delas usámolas moito:

Letra Nome Exemplo
ç o c cedillado Eça
j o iota júnior
k o ka karate
w o uve dobre show
y o y grego spray

Exercicio 1

Escribe o nome da letra ou do dígrafo polo que comeza cada unha das seguintes palabras:

queixo : o que u

xornal : o xe

garda : o gue

chuvia : o ce hache

zapato : o zeta

fama : o efe

guerra : o gue u

ovo : o o

herba : o hache

sangue : o ese

judo : o iota

nabo : o ene

web : o uve dobre

cunca : o ce

xabón : o xe

Verifica as respostas

Exercicio 2

Soletrea as seguintes palabras:

algunha : o a, o ele, o gue, o u, o ene hache, o a

illa : o i, o ele dobre, o a

camelo : o ce, o a, o eme, o e, o ele, o o

barro : o be, o a, o erre dobre, o o

vasoira : o uve, o a, o ese, o o, o i, o erre o a

Verifica as respostas

Exercicio 3

Troca a letra grosa de cada palabra por un dígrafo e forma palabras novas:

Verifica as respostas