Recursos para a aprendizaxe da lingua galega

O acento importa (7)

Explica a diferenza de significado entre as seguintes mensaxes.

A chave está nas palabras marcadas en negra.

  • Na cantina, os rapaces andaban a tirar bolas de pan uns aos outros.
  • Na cantina, os rapaces andaban a tirar bólas de pan uns aos outros.
  • Compre moito leite para os almorzos de toda a semana.
  • Cómpre moito leite para os almorzos de toda a semana.
  • Leva a pola para a eira.
  • Leva a póla para a eira.
  • Os investigadores non esperaban encontrar osos naquel lugar.
  • Os investigadores non esperaban encontrar ósos naquel lugar.
  • Di a verdade, ti ves ben?
  • Di a verdade, ti vés ben?
  • Oes, coidado coa besta, non te vaias magoar.
  • Oes, coidado coa bésta, non te vaias magoar.
  • Non hai presa ningunha.
  • Non hai présa ningunha.