O acento importa (7)
Explica a diferenza de significado entre as seguintes mensaxes.
A chave está nas palabras marcadas en negra.
- Na cantina, os rapaces andaban a tirar bolas de pan uns aos outros.
- Na cantina, os rapaces andaban a tirar bólas de pan uns aos outros.
- Compre moito leite para os almorzos de toda a semana.
- Cómpre moito leite para os almorzos de toda a semana.
- Leva a pola para a eira.
- Leva a póla para a eira.
- Os investigadores non esperaban encontrar osos naquel lugar.
- Os investigadores non esperaban encontrar ósos naquel lugar.
- Di a verdade, ti ves ben?
- Di a verdade, ti vés ben?
- Oes, coidado coa besta, non te vaias magoar.
- Oes, coidado coa bésta, non te vaias magoar.
- Non hai presa ningunha.
- Non hai présa ningunha.