Recursos para a aprendizaxe da lingua galega

O acento diacrítico (1)

O que é o acento diacrítico?

O acento diacrítico serve para diferenciar na escrita dúas palabras que se escriben igual, que son homógrafas, mais que teñen orixes diferentes, significados distintos e que ademais poden pronunciarse de maneira diferente e inclusive non pertenceren á mesma categoría gramatical.

Exemplos:

Significados diferentes

Orixes distintas

Pronuncia diferente

Non pertencen á mesma categoría gramatical

Neste último caso, temos que manter o acento diacrítico ao engadirmos un pronome? Ti que cres? Atento ao vídeo:

En galego levan acento diacrítico as seguintes palabras:

Sen acento Con acento
a (artigo; pron. átono; preposición) á (a +a; das aves)
as (artigo; pron. átono) á (a +a; das aves)
bola (peza de pan) bóla (esfera, pelota)
cha (che + a) chá (plana)
chas (che + as) chás (planas)
compre (de comprar) cómpre (de cumprir)
da (de + a) (de dar)
das (de + as) dás (de dar)
do (de + o) (compaixón, nota musical)
e (conx.) é (verbo ser)
fora (de ser ou de ir) fóra (adv.)
ma (me + a) (ruín)
mais (conx.) máis (adv.)
no (en + o) (lazo, lazada)
nos (en + os; pron. átono) nós (lazos; pron. tón.)
oso (animal) óso (do corpo)
pe (nome de letra) (parte do corpo)
pola (pita, por + a) póla (rama)
presa (dique; recluso; manchea; o que se captura; peza de carne) présa (apuro)
se (conx., pron.) (catedral, imperativo de ser)
so (prep. "baixo") (adv. e adx.)
ven (verbo ver, imperativo de vir) vén (verbo vir)
ves (verbo ver) vés (verbo vir)
vos (pron. átono) vós (pron. tónico)

Exercicio 1

Completa as oracións coa palabra adecuada en cada caso:

pola - póla

compre - cómpre

fora - fóra

cha - chá

pe - pé

das - dás

e - é

presa - présa

a - á

Verifica as respostas

Recursos para adestrares a acentuación diacrítica:

Quizziz creado por Ana Alonso Lozano