O acento diacrítico (1)
O que é o acento diacrítico?
O acento diacrítico serve para diferenciar na escrita dúas palabras que se escriben igual, que son homógrafas, mais que teñen orixes diferentes, significados distintos e que ademais poden pronunciarse de maneira diferente e, inclusive, non pertenceren á mesma categoría gramatical.
Exemplos:
Significados diferentes
- as "artigo determinado"
- ás "membros do corpo das aves, dos insectos e doutros animais con que voan"
Orixes distintas
- oso "animal" deriva da palabra latina URSUM
- óso "do corpo" provén do termo latino OSSUM
Pronuncia diferente
-
bola "peza de pan" pronúnciase con o fechado
-
bóla "esfera, pelota" pronúnciase con o aberto
Nestes casos, a palabra que se acentúa é sempre a que ten a vogal aberta. Só hai unha excepción: pór e por son as dúas con o fechado.
Non pertencen á mesma categoría gramatical
-
da "contracción de de + a"
-
dá "P3 do presente de indicativo do verbo dar"
Neste último caso, temos que manter o acento diacrítico ao engadirmos un pronome? Ti que cres? Atento ao vídeo:
En galego teñen acento diacrítico as seguintes palabras:
Sen acento | Con acento |
---|---|
a (artigo; pron. átono; preposición) | á (a +a; das aves) |
as (artigo; pron. átono) | á (a +a; das aves) |
bola (peza de pan) | bóla (esfera, pelota) |
cha (che + a) | chá (plana) |
chas (che + as) | chás (planas) |
compre (de comprar) | cómpre (de cumprir) |
da (de + a) | dá (de dar) |
das (de + as) | dás (de dar) |
do (de + o) | dó (compaixón, nota musical) |
e (conx.) | é (verbo ser) |
fora (de ser ou de ir) | fóra (adv.) |
ma (me + a) | má (ruín) |
mais (conx.) | máis (adv.) |
no (en + o) | nó (lazo, lazada) |
nos (en + os; pron. átono) | nós (lazos; pron. tón.) |
oso (animal) | óso (do corpo) |
pe (nome de letra) | pé (parte do corpo) |
pola (pita, por + a) | póla (rama) |
presa (dique; recluso; manchea; o que se captura; peza de carne) | présa (apuro) |
se (conx., pron.) | sé (catedral, imperativo de ser) |
so (prep. "baixo") | só (adv. e adx.) |
ven (verbo ver, imperativo de vir) | vén (verbo vir) |
ves (verbo ver) | vés (verbo vir) |
vos (pron. átono) | vós (pron. tónico) |
Exercicio 1
Completa as oracións coa palabra adecuada en cada caso:
pola - póla
- A
póla da árbore partiu co peso das mazás. - Tes que cruzar
pola ponte e despois virares á dereita.
compre - cómpre
- Temos o frigorífico baleiro,
cómpre irmos ao supermercado. - Dille que che
compre un xeado.
fora - fóra
- Nunca
fora antes en avión. - Entra axiña
fóra vai moito frío.
cha - chá
- Vilalba é a capital da comarca da Terra
Chá . - Non
cha quero, non me rogues máis con ela.
pe - pé
- Escordei un
pé xogando ao fútbol. - Di catro palabras que comecen pola letra
pe .
das - dás
- Vive
das esmolas que lle dan os que pasan. - Non me
dás pena ningunha.
e - é
- Non hai quen o ature,
é un caprichoso. - Merca unha ducia de ovos
e un quilo de patacas.
presa - présa
- Esta mañá escapou unha
presa da cadea de Teixeiro. - Non teñas tanta
présa que hai tempo de sobra.
a - á
- O paxaro non pode voar porque ten unha
á quebrada. - Lin
a novela nunha tarde.
Recursos para adestrares a acentuación diacrítica:
Quizziz creado por Ana Alonso Lozano