Recursos para a aprendizaxe da lingua galega

México

Un país con 69 linguas nacionais

México é un país cunha grande diversidade lingüística. Encóntrase entre os 10 países con máis linguas orixinarias do mundo. Na América Latina ocupa o segundo lugar, despois do Brasil.

Na actualidade, existen 364 variantes lingüísticas que proveñen de 11 familias lingüísticas distintas e que son faladas por 68 grupos de indíxenas. Máis de 7 millóns de mexicanos falan algunha lingua orixinaria.

México ten 69 linguas nacionais: 68 linguas orixinarias e o español. Todas elas son oficiais no país.

O náhuatl é a lingua orixinaria nacional máis falada, con 1.725.620 falantes (Datos de 2015). Pertence á familia lingüística yuto-nahua.

Bo día! en náhuatl dise así:

Sabías que até hai rap nesta lingua? Olla o vídeo:

No galego temos palabras que proceden do náhuatl, como por exemplo:

O maia ocupa a segunda posición en número de falantes. Fálano 859.607 persoas, localizadas en municipios de Campeche, Yucatán e Quintana Roo.

Bo día! en maia é:

Clica no vídeo para ouvires o conto A última danza en maia:

Fonte: Instituto Nacional de Lenguas Indígenas [Consulta: 12-10-2023]