Recursos para a aprendizaxe da lingua galega

Linguas e xogos de construción

En que se parecen?

Se pensares ben, a nosa lingua parécese moito a un deses xogos de construción a que todos xogamos de pequenos. Lémbraste daqueles bloquiños de cores? Eu teño pasado horas deitada no chan a xuntar uns cos outros.

Nas linguas tamén temos pezas que podemos xuntar para construír outras maiores. Non construímos con bloques, é claro, o material de construción é un pouco diferente. Nas linguas usamos os sons, mais o procedemento é o mesmo. Xuntamos sons para construírmos sílabas e coas sílabas, por súa vez, podemos construír palabras:

son > sílaba > palabra

A ciencia da construción

Os sons e as sílabas non se combinan de calquera maneira. Existen unha serie de regras ou principios construtivos que todos aplicamos, aínda sen sermos moi conscientes de o facermos. Estes son algúns deles:

  1. Unha sílaba pode estar constituída por un son ou por varios. Da mesma forma, unha palabra pode estar constituída por unha ou por varias sílabas.
  2. A sílaba máis habitual en galego é a formada por unha vogal mais unha consoante: CV > po. Mais existen outras moitas combinacións:
  1. Dúas vogais contiguas poden pertencer á mesma sílaba ou a sílabas diferentes:
  1. Mesmo hai sílabas con até tres vogais seguidas. Neste caso, dicimos que as tres vogais forman un tritongo. Ex.: o-fi-ciais

  2. As palabras poden estar constituídas por unha única sílaba (monosílabas) ou por varias (polisílabas). Segundo o número de sílabas que teñan, distinguimos os seguintes tipos:

    monosílabas = 1 sílaba > Ex.: sol

    bisílabas = 2 sílabas > Ex.: ra-to

    trisílabas = 3 sílabas > Ex.: lós-tre-go

    tetrasílabas / cuadrisílabas = 4 sílabas > Ex.: sim-pá-ti-co

    pentasílabas = 5 sílabas > Ex.: he-li-cóp-te-ro

    hexasílabas = 6 sílabas > Ex.: mul-ti-tu-di-na-rio

    heptasílabas = 7 sílabas > Ex: e-lec-tro-do-més-ti-co

    octosílabas = 8 sílabas > Ex.: i-rres-pon-sa-bi-li-da-de

    eneasílabas = 9 sílabas > Ex.: es-ter-no-clei-do-mas-toi-de-o

    decasílabas = 10 sílabas > Ex.: o-to-rri-no-la-rin-go-lo-xí-a ...


Mans á obra!

Exercicio 1

Agora que coñeces a técnica, imos construír palabras!

Forma oito palabras agrupando e ordenando as sílabas de cada cor:

nás co za man ni re tar a fri a pis go ce xan ga fi cár la mal na tei po
Verifica as respostas
  1. frigofico
  2. poza
  3. manteiga
  4. animal
  5. cárcere
  6. xantar
  7. lapis
  8. ananás

Exercicio 2

Indica de que tipo son as palabras seguintes, de acordo co número de sílabas:

  1. noite: bisílaba
  2. guitarra: trisílaba
  3. semáforo: tetrasílaba ou cuadrisílaba
  4. pan: monosílaba
  5. libro: bisílaba
  6. almorzar: trisílaba
  7. garfo: bisílaba
  8. felicidade: pentasílaba
  9. domingo: trisílaba
  10. feo: bisílaba
  11. aloumiño: tetrasílaba ou cuadrisílaba

Verifica as respostas

Exercicio 3

Separa en sílabas as seguintes palabras:

  1. cobiza: co-bi-za
  2. cadeira: ca-dei-ra
  3. margarida: mar-ga-ri-da
  4. toupa: tou-pa
  5. aparcadoiro: a-par-ca-doi-ro
  6. minisaia: mi-ni-sa-ia
  7. ambiente: am-bien-te
  8. guión: gui-ón
  9. ademais: a-de-mais
  10. premio: pre-mio
  11. científico: cien-tí-fi-co

Verifica as respostas