Recursos para a aprendizaxe da lingua galega

I e U

Cando os acentuamos?

Acentuámolos sempre nestes dous casos:

  1. Cando I e U son tónicos e van precedidos ou seguidos doutra vogal (fuxía, saúdo)

  2. Cando a segunda vogal das combinacións IU ou UI é tónica (diúrno, xuíz)

De acordo con isto, as seguintes palabras levarían acento? Por que?

Vira o cartón para verificares a resposta.

tua
túa
O u é tónico e vai seguido doutra vogal
sair
saír
O i é tónico e vai precedido doutra vogal
gratuito
gratuíto
A segunda vogal de ui é tónica, por tanto, acentúase
posuir
posuír
A segunda vogal de ui é tónica, logo acentúase
nua
núa
O u é tónico e vai seguido doutra vogal
habia
había
O i é tonico e vai seguido doutra vogal
diminuiu
diminuíu
O i é tónico e vai seguido doutra vogal
saude
saúde
O u é tonico e vai precedido doutra vogal
viuvo
viúvo
A segunda vogal de iu é tonica, por tanto, acentúase
oir
oír
O i é tónico e vai precedido doutra vogal