Homónimas perfectas
Tipo 1 de homonimia
As palabras homónimas perfectas son as que se escriben e se pronuncian igual.
Exemplos
manga > Froito da mangueira.
manga > Parte dunha peza de roupa que cobre o brazo.
manga > Banda deseñada de orixe xaponesa.
cedo > 1. Ao comezo do día. 2. Antes de tempo.
cedo > P1 do presente do indicativo do verbo ceder.
As dúas pronúncianse con e fechado:
ano > Período de 365 días.
ano > Orificio localizado na parte final do recto.
leve > Que ten pouco peso.
leve > P1 e P3 do presente do subxuntivo do verbo levar.
As dúas pronúncianse con e aberto:
pena > Pedra.
pena > 1. Castigo 2. Tristeza.
As dúas pronúncianse con e fechado:
metro > Unidade de medida.
metro > Medio de transporte.
As dúas pronúncianse con e aberto:
papa > Xefe supremo da igrexa.
papa > Alimento para bebés.
cela > Cuarto dun convento ou dunha prisión.
cela > P3 do presente do indicativo do verbo celar.
As dúas pronúncianse con e aberto:
onda > Do mar.
onda > Xunto, xunto a.
As dúas pronúncianse con o fechado:
dó > Primeira nota da escala musical.
dó > Pena, compaixón.
As dúas pronúncianse con o aberto:
la > 1. Pelo de carneiro ou de ovella. 2. Tecido feito dese pelo.
la > Sexta nota da escala musical.
ameixa > Froito da ameixeira.
ameixa > Molusco.
cobra > Serpe.
cobra > 1. P3 do presente do indicativo do verbo cobrar 2. P2 do imperativo do verbo cobrar.
As dúas pronúncianse con o aberto: