Recursos para a aprendizaxe da lingua galega

Aí, ai! e hai

Aprende a distinguilos

Non confundas aí, ai! e hai


Completa as oracións con hai, aí ou ai:

  1. Hai moito tempo aí había unha fonte.
  2. Ai!, non me toques aí
  3. Aí onde o colocamos non hai problema.
  4. Canto tempo hai que estás aí?
  5. Hai que ver o que é o amor.
  6. Podemos ir por aí e ver o que hai
  7. Aí tes o que me pediches.
  8. Ai que escuro está! Eu aí non entro.
  9. Hai máis de dous días que non o vexo.
  10. Aí non hai ninguén.
  11. Ai, ten coidado! Case me pisas un pé!
  12. Hai leite no frigorífico.

Verifica as respostas