Frases para falar dos parentes
Ser a ovella negra da familia
Unha ovella negra é unha persoa rebelde, que non se adapta e está fóra do padrón considerado normal polo resto dos membros da familia.
De pais gatos, fillos michiños
Quere dicir que os fillos normalmente herdan características positivas e negativas dos pais ou aprenden con eles.
Unha nai coida de cen fillos, cen fillos non coidan dunha nai
As nais coidan moito mellor dos fillos do que os fillos coidan delas
Ser cuspido/cuspidiño a alguén
Parecerse moito con alguén.
Fillos criados, traballos dobrados
Os pais continúan preocupándose cos seus fillos cando son grandes. Ás veces, até mais do que cando eran pequenos.
De pai santo, fillo diaño
Un pai bo non é garantía de que o fillo vaia ser igual.