Recursos para a aprendizaxe da lingua galega

Frases loucas

(con bes e uves)

Un bo truco para teres menos erros de bes e uves é inventares frases coas palabras que acostumas escribir mal.

Lémbrate!

👉 Non mestures palabras con be e con uve na mesma frase

👉 Canto máis extravagante for a frase, máis fácil será de memorizar!

Exemplos

B

Que marabilla! Encontrei un polbo falando polo móbil dentro dese automóbil.

V

O avó puxo a gravata vermella, agarrou a vasoira e foi varrer garavanzos ao pavillón.

Agora é a túa vez!

A continuación tes dúas series de palabras con bes e uves. Inventa frases para te lembrares de como se escriben correctamente aquelas máis problemáticas para ti.

Con be

dúbida beira boneca asubiar berce cobiza baleiro xabaril carballo birlo bolboreta abella fibela pobo gabeta xabón lamber billa abelá albóndega barullo bico nobelo bucina banana néboa ceibo baúl

Con uve

avogado trevo verme voda envexar caravel vaca covarde vulto avespa gravar verza louvar varredor caveira voto devagar gaivota escaravello volante varíola chuvia noivo voitre televisión luva escravo