Recursos para a aprendizaxe da lingua galega

Familias numerosas

Antigamente, era moi habitual os pais teren moitos fillos e fillas. Tamén era moi frecuente conviviren so o mesmo teito persoas de distintas xeracións: fillos, pais, avós, tíos etc. Nos nosos días, unha familia con tres fillos é xa unha familia numerosa e son moi escasas. A maioría ten unicamente un ou dous.

A pesar de seren unha excepción, hoxe imos debruzarnos sobre as familias numerosas, nomeadamente, sobre aquelas que teñen moitos fillos dunha vez. O noso obxectivo vai ser aprendermos os nomes en galego para os bebés nacidos nun mesmo parto. Ti sabes isto? Non? Entón o primeiro é veres o vídeo:

Como explica Esther Estévez nel, o nome muda de acordo co número de bebés que nacen:

Dous irmáns nacidos nun mesmo parto son xemelgos, e poden ser de dous tipos. Os que naceron do mesmo óvulo e son idénticos son os xemelgos univitelinos. Mais tamén pode ser que non se parezan moito e que mesmo teñan un sexo diferente. Neste caso chamámolos xemelgos bivitelinos, porque proceden de óvulos distintos.

Verifica a resposta

Aínda que non se comenta no vídeo, existe unha palabra para referirse aos irmáns xemelgos idénticos que nacen unidos por algunha parte do corpo. Cal é? siameses.

Verifica a resposta

Se os bebés nacidos nun parto foren máis de dous, reciben estes nomes:

👶👶👶 son trixemelgos

👶👶👶👶 son cuadrixemelgos

👶👶👶👶👶 son quíntuplos

👶👶👶👶👶👶 son séxtuplos

👶👶👶👶👶👶👶 son séptuplos

👶👶👶👶👶👶👶👶 son óctuplos

👶👶👶👶👶👶👶👶👶 son nónuplos

👶👶👶👶👶👶👶👶👶👶 son décuplos

Verifica a resposta

Agora em português! É praticamente igual!

👶👶 são gémeos univitelinos ou gémeos bivitelinos

👶👶👶 são trigémeos

👶👶👶👶 são quadrigémeos

👶👶👶👶👶 são quíntuplos

👶👶👶👶👶👶 são sêxtuplos

👶👶👶👶👶👶👶 são séptuplos

👶👶👶👶👶👶👶👶 são óctuplos

👶👶👶👶👶👶👶👶👶 são nónuplos

👶👶👶👶👶👶👶👶👶👶 são décuplos

Verifica a resposta