Falso amigo: pipa
Unha pipa en galego/portugués é un recipiente de madeira destinado a conter líquidos, especialmente viño, máis pequeno que o bocoi, cunha capacidade media entre douscentos cincuenta e cincocentos litros.
Para referirte ao obxecto usado para fumar é moito mellor usares unha cachimba en galego (um cachimbo em português).
Tampouco son *pipas as de xirasol ou cabaza, neste caso, o termo que debemos utilizar é sementes, e é igual en galego e portugués. Por tanto, lémbrate de que o que andas a petiscar son:
sementes de xirasol, en galego / sementes de girassol, em português
sementes de cabaza, en galego / sementes de abóbora, em português