Recursos de galego para secundaria

Exercicios de verbos (2)

Para practicares o pretérito perfecto de indicativo

Recursos

Conxugador de verbos en galego

Dicionario da Real Academia Galega (RAG)


Exercicios

Pon as seguintes oracións en pasado.

Ex.: Cando vindes? > Cando viñestes?

  1. A roupa non me cabe no armario.
  2. Acordo cedo para ter tempo de almorzar.
  3. Hai que facer todo o que el di.
  4. Teñen un coche pintado dunha cor moi rechamante.
  5. Nós somos os que temos as ideas.
  6. Anxo ve todo o que pasa na rúa desde a xanela.
  7. Traemos lapis e papel para todos.
  8. Ando moi ocupado e non teño tempo de nada.
  9. Todos os animais foxen do lume.
  10. Despois do xantar dorme a sesta.
  11. Podo facelo porque me axudas.
  12. Non saben dicir quen o fai mellor.
  13. Todas as mañás sae pola porta e non volve ata á noite.
  14. Non quero dicir nada polo momento.
  15. Telefono, mais ninguén atende as chamadas.
Ver as solucións
  1. A roupa non me coubo no armario.
  2. Acordei cedo para ter tempo de almorzar.
  3. Houbo que facer todo o que el dixo.
  4. Tiveron un coche pintado dunha cor moi rechamante.
  5. Nós fomos os que tivemos as ideas.
  6. Anxo viu todo o que pasou na rúa desde a xanela.
  7. Trouxemos lapis e papel para todos.
  8. Andei moi ocupado e non tiven tempo de nada.
  9. Todos os animais fuxiron do lume.
  10. Despois do xantar durmiu a sesta.
  11. Puiden facelo porque me axudaches.
  12. Non souberon dicir quen o fixo mellor.
  13. Saíu pola porta e non volveu.
  14. Non quixen dicir nada polo momento.
  15. Telefonei, mais ninguén atendeu as chamadas.